O alumnado do IES Milladoiro, de Ames; do IES A Paralaia, de Moaña; do IES Eduardo Pondal, de Ponteceso, e do IES Ramón Caamaño, de Muxía, traballaron como un equipo de xornalismo radiofónico e gravaron no último mes podcast para loitar contra o machismo, o discurso de odio contra o colectivo LGBTIQ+, a xenofobia e os abusos ambientais no marco do proxecto Activistas polo mundo queremos.
En obradoiros anteriores, a mocidade achegouse á figura da persoa activista e reflexionou sobre o poder transformador da radio. Nesta ocasión, exerceu como xornalista e investigou, redactou e gravou reportaxes para lograr unha auténtica transformación social.
Arredor de 300 estudantes de Ames, Moaña, Ponteceso e Muxía participan este ano na 13ª edición de Activistas polo mundo queremos, un proxecto de Educación para a Cidadanía Global que chegou a máis de 5.000 adolescentes dende 2013.
O programa forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e faise posible grazas a tres ONGDs: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), coa financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.