"Pacifista, Idealista, boa persoa, aventureirx, valente, sabix, curiosx, sen tapujos"...Estas son algunhas das características que o alumnado dos centros educativos que participan este ano no proxecto identifican coas persoas activistas.
Porlle adxetivos a o noso "macaque" é unha das primeiras dinámicas que facemos na primeira parada de ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS onde aprendemos o que significa ser unha persoa activista, tanto aquí en Galicia coma noutras partes do mundo e por que é necesario seguir loitando pola xustiza e a igualdade!!!
Esta é a primeira actividade na aula co alumando. Nela, presentamos o
proxecto e coñecémonos todos e todas. Tamén avanzamos os catro activismos que abordaremos durante o proxecto ( feminismo, medio ambiente, antirracismo e LGTBIQ+) e incidiremos nos activismos locais que podemos atopar na nosa contorna máis próxima.