Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

‘A viaxe de Ana’ no IES Isidro Parga Pondal

‘A viaxe de Ana’ no IES Isidro Parga Pondal

IES Isidro Parga Pondal

Nesta ocasión o alumnado do IES Isidro Parga Pondal é o encargado de contarnos as súas sensacións e aprendizaxes tras o terceiro taller do proxecto, o obradoiro de teatro-foro impartido polas compañeiras e compañeiros do ‘Grupo de Teatro dx Oprimidx  100Tolas’.

Iría explícanos como foi a sesión de teatro – foro. “O xoves 18 de febreiro tivemos no IES Isidro Parga Pondal a representación da obra teatral ‘A viaxe de Ana’ da man da compañía 100 Tolas. Primeiro fixemos unha serie de exercicios que servían para quentar antes de comezar a obra, que trataba dunha rapaza peruana, Ana, que emigraba a España para conseguir traballo. E despois comentamos entre todos a historia de Ana e algúns compañeiros e compañeiras –entre elas eu- fixemos algo mais…”

Carballo Teatro

O que mais lle gustou a Fernando foi “a participación para cambiar a historia en diferentes puntos. Ao participar en primeira persoa na obra dáste conta do difícil que é ter esas situacións e superalas. O grupo 100Tolas amósanos a dificultade, a discriminación e o machismo que sofren as persoas que veñen dende outros países a traballar. Non é a historia mais bonita nin a mais desexada, pero é real e é por iso que hai que tentar cambiala”.

Para Alberto “conseguen explicar moi ben o problema, de un xeito entretido, incluso divertido.

Carballo Teatro

Hai quen engade que o pasou moi ben e que aprendeu moitas cousas, “rin moito, aprendese moitísimas cousas novas con esta actividade. Coas súas preguntas fante reflexionar sobre a vida, que sexamos de onde sexamos todos e todas temos os mesmos dereitos. Tamén foi especialmente interesante cando buscamos solución entre todos e todas porque puxémonos no lugar de Ana, demos a nosa opinión e participamos”.

Recordade que tedes todas as imaxes dos obradoiros no noso Flickr.

Últimas novas