Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Unha canteira para xerar conciencia crítica na xuventude Galega: arranca “Activistas polo Mundo que Queremos”

Alunmado de Cambre na pasada edición do proxecto

Unha canteira para xerar conciencia crítica na xuventude Galega: arranca “Activistas polo Mundo que Queremos”

Santiago, 14 de novembro de 2022. Mañá martes 15 de novembro dará comezo unha nova edición do proxecto de educación en valores “Activistas polo Mundo que Queremos” que busca xerar activismos xuvenís nos eidos do feminismo, o medio ambiente, o antirracismo e a loita LGTBI en centros educativos de toda Galicia.

A primeira cita levará ao equipo ata o CPI Alcalde Xosé Manuel Pichel en Coristanco e ao IES As Bizocas do Grove. Nos vindeiros días sumaranse tamén os centros da cidade de Pontevedra IES Luís Seoane e IES Montecelo, o centro vigués IES Valadares e o IES María Casares en Oleiros.

Nesta primeira toma de contacto no mes de novembro, case seiscentos estudantes achegaranse a o concepto de “activismo”, en torno ao que xira o proxecto, cun itinerario composto por sete obradoiros denominados “paradas”, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar. O obxectivo final consiste en formar unha cidadanía activa e crítica, que identifique e combata as ameazas arredor da convivencia.

Pero sen dúbida esta será unha edición moi especial xa que o proxecto cumpre o seu décimo aniversario. Nestes dez anos de vida “Activistas polo Mundo que Queremos” chegou a máis 4300 mozos e mozas, a 240 profesores e profesoras e a 56 centros educativos a os que se suman os seis deste ano.

O percorrido didáctico que realizará o alumnado neste curso mestura a formación presencial coa online e establece as seguintes paradas:

  • Parada 1 (presencial). Novembro. Que significa ser activista? Primeiro obradoiro para dar a coñecer o proxecto, a aula virtual e os conceptos cos que imos traballar.
  • Parada 2 (presencial). Decembro. Comunicación transformadora. Analizamos os medios de comunicación de masas e as redes sociais dende unha perspectiva crítica.
  • Parada 3 (virtual). Xaneiro. Os activismos. A rapazada achégase ás principais desigualdades (medioambiental, feminista, antirracista e LGTBI) e coñece as maneiras de actuar na súa contorna a nivel local contra problemas que teñen repercusión global.
  • Parada 4 (virtual). Febreiro. Guións radiofónicos. Creamos os guións para as nosas pezas radiofónicas, dedicadas a un dos catro activismos propostos.
  • Parada 5 (presencial). Marzo. Obradoiro de radio. O alumnado crea o seu propio programa de radio de combate, que se grava de maneira conxunta na aula.
  • Parada 6 (virtual). Abril. Outros contextos sociais. Coñecemos a loita de activistas procedentes doutras partes do mundo.
  • Parada 7 (presencial). Abril. Encontros con activistas do Sur. Persoas implicadas nas loitas contra as diferentes desigualdades tratadas co alumnado visitan os centros educativos e achegan os seus desafíos e as ferramentas empregadas para combatelos.

Estas sete paradas son froito da colaboración das catro entidades implicadas neste proxecto: As ONGDs Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e a cooperativa Feitoría Verde,  co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Parte importante deste traballo é a propia difusión, así que dende Activistas polo Mundo que Queremos convidamos aos medios de comunicación a que compartades esta información e acudades ás sesións presenciais. Aquí vos deixamos as datas desta primeira sesión.

DATAS DA PRIMEIRA PARADA: Que significa ser unha persoa activista?

Martes,15 de novembro

CPI Alcalde Xose Manuel Pichel ( Coristanco)

· 10:40h -12:20h 2º B

· 12:35h- 14:15h 1º B

IES As Bizocas ( O Grove)

· 8:35h - 10:15h. 4ºESO

· 10:25h -12:15h.3ºB

· 13:20h - 15:00h 3ºA

Mércores, 16 de novembro

CPI Alcalde Xose Manuel Pichel (Coristanco)

· 10:40h-12:20h 2º B

· 12:35h- 14:15h 1º B

IES Luis Seoane (Pontevedra)

· 9:50h - 11:30h 3º ESO

· 12:00h - 13:40h 4º ESO

Xoves, 17 de novembro

IES Montecelo ( Pontevedra)

· 8:30h a 10:10h Agro e Peiteado.

Venres, 18 de novembro

IES Montecelo ( Pontevedra)

· 9:20h -11:00h Peiteado e Automoción.

· 12:20h - 14:00h Artes e Automoción.

IES Luis Seoane (Pontevedra)

· 9:50h- 11:30h 1º ESO

12:00h - 13:40h FP Básica

Xoves, 24 de novembro

 IES Valadares (Vigo)

· 9:35h -11:15h 4º A.

· 11:45h -13:25h 4º B

Venres, 25 de novembro

IES Valadares (Vigo)

· 9:35h- 11:15h 4º C

· 12:20h - 14:00h 4º D

 

Para máis información:

  • María Caride (coordinadora do proxecto): 981 243 506 / 626 913 681
  • Rocío Cadahía (responsable comunicación): 605 31 60 39
  • Correo electrónico: omqq@agareso.org

 

Últimas novas