Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Achegar a cooperación ao alumnado galego

Achegar a cooperación ao alumnado galego

IES Carlos Casares CPI Viaño Pequeno CPI Castroverde IES A Cachada IES Alfoz Valadouro IES Beade IES Castro Baxoi IES Félix Muriel IES Moncho Valcarce

Nesta segunda edición de ‘O mundo que queremos’ tivemos o privilexio de contar coa visita de tres activistas de República Dominicana, O Salvador e Guinea Bissau vinculados á cooperación para o desenvolvemento. Durante estas últimas semanas, Cristiana Francisca, Rina Abrego  e Braima Sambu están a percorrer os centros de ensino participantes para explicarlle ao alumnado o traballo que están a realizar nas súas organizacións e como utilizan o teatro e a radio como medio de sensibilización e denuncia nas súas comunidades.

Cristiana Francisca, de República Dominicana, é a presidenta de Mudha (Movimiento de Mujeres Domínico Haitianas). Esta organización,entre outras moitas accións, utiliza o teatro de rúa como medio para denunciar as inxustizas políticas, sociais, culturais e humanas ás que se ve sometida a poboación dominicana de ascendencia haitiana.

Rina Abrego, do Salvador, é técnica de Aprocsal, organización que loita polos dereitos das mulleres e polo dereito humano á saúde. Dende Aprocsal tamén utilizan o teatro como medio para sensibilizar sobre xénero, saúde sexual e reprodutiva e medio ambiente.

Braima Sambu, de Guinea Bissau, é o responsable de proxectos de Alternag, organización que xestionou ‘Radio Catió’, unha emisora comunitaria que na actualidade é autoxestionada polo Centro Social Multifuncional Xuvenil de Tombalí en colaboración con organizacións de base. Braima encárgase de coordinar ás entidades locais que dirixen a radio.

Os tres coinciden en que o importante destas charlas é que os rapaces e rapazas coñezan outras realidades e reflexionen sobre a importancia da cooperación entre os países, non só da económica, xa que todos e todas podemos aportar para acadar o mundo que queremos.

  visita 

   visita

visita  visita

Aquí tedes todas as imaxes da súa visita.