Mañá terá lugar a gravación dos programas de radio no IES As Bizocas
Os case 80 mozos e mozas de 3º e 4º da ESO do IES As Bizocas que participan este ano no proxecto de educación en valores "Activistas polo mundo queremos" gravarán mañá martes 28 de febreiro varios programas de radio para loitar contra o machismo, os abusos ambientais ou o discurso de odio contra a migración e o colectivo LGTBIQ+.
En obradoiros anteriores aprenderon o que significa ser unha persoa activista tanto na Galiza coma noutras partes do mundo. Tamén reflexionaron sobre como as ferramentas comunicativas como a radio, pódenlles axudar no seu activismo. Agora os mozos e mozas, como se fosen auténticos xornalistas, tras investigar e facer os guións das súas reportaxes, locutarán e gravarán en “falso directo” os seus propios programas de radio de denuncia e transformación social.
Así o alumnado de O Grove súmase aos case 600 mozos e mozas que dende Pontevedra, Vigo, Oleiros e Coristanco participan este ano na 10º edición de "Activistas polo mundo queremos". Un proxecto de educación para a cidadanía global que é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) coa colaboración de Feitoría Verde e ao financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.
Activistas polo mundo queremos forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Parte importante deste traballo é a propia difusión, así que dende Activistas polo Mundo que Queremos convidamos aos medios de comunicación a que compartan esta información e acudan as gravacións para darlle voz aos mozas e mozos, verdadeiros protagonistas deste proxecto.
HORARIOS DA GRAVACIÓN DO PROGRAMA RADIAL: Martes, 28 de Febreiro no IES AS BIZOCAS: O Grove, PO-317, 79, 36988 O Grove, Pontevedra
• 8:35h a 10:15h: 4º ESO A e B
• 11:25h a 13:00h: 3ºESO B
• 13:20h-15:00h: 3º ESO A
Para máis información: María Caride (coordinadora do proxecto): 981 243 506 / 626 913 681 ( dispoñible a partir das 10:30h) Rocío Cadahía (responsable comunicación): 605 31 60 39 Correo electrónico: omqq@agareso.org Páxina web: http://omundoquequeremos.org