Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Dende O Saviñao defendendo o rural coa radio escolar

Dende O Saviñao defendendo o rural coa radio escolar

CPRI Dr. López Suarez

O próximo mércores 19 de febreiro de 14:35 a 16:15h os mozos e mozas do CPI Doctor López  Suárez de Escairón (O Saviñao) realizarán un programa de radio na aula en defensa do rural. Existen prexuizos sobre o rural? Que se di de nós? Como aparece o rural nos medios de comunicación? E no cine e a música? Saímos? Estas son algunhas das cuestións as que o alumnado tentará responder nas súas reportaxes radiofónicas.

Nun obradoiro anterior aprenderon a usar a radio como ferramenta de transformación social e durante estas últimas semanas estiveron recompilando información para construír o seus propios discurso e mensaxes para combater a desinformación, os estereotipos e os prexuízos que se teñen sobre o rural e que impactan negativamente nas súas vidas.

Esta actividade forma parte do  proxecto de Educación en Valores  “O Mundo que Queremos” que durante este curso está a achegar a cinco institutos galegos  as problemáticas que afectan aos países empobrecidos pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras e participativas como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro da oprimida ou a visita ás súas escolas de persoas que traballan en outros países fomentando a transformación dos mesmos. Alumnado de Escairón co alcalde

Cooperación Galega: O Mundo Que Queremos (OMQQ) é unha iniciativa que naceu no ano 2013 impulsada por cinco entidades distintas para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.  É un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Educación,  Universidade e Formación Profesional.

Últimas novas