Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Obradoiros de radio e fotografía para cambiar o noso mundo

Obradoiros de radio e fotografía para cambiar o noso mundo

CPI Viaño Pequeno CPI Castroverde IES A Cachada IES Alfoz Valadouro IES Beade IES Castro Baxoi IES Félix Muriel IES Moncho Valcarce

Regresamos aos centros inscritos nesta edición de ‘O mundo que queremos’ cos obradoiros de radio e fotografía, a través dos cales o alumnado puido internarse no interesante mundo da radio e a foto e aprender como utilizalos para sensibilizar ao seu ámbito máis próximo sobre aqueles temas que lles preocupan.

Deste xeito, á vez que se ían explicando os conceptos clave e con exemplos que xiraban en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), os/as rapaces/zas tiveron a oportunidade de facer prácticas ‘in situ’ coa axuda dunha mesa de son e unha cámara fotográfica profesional, reforzando o proceso de aprendizaxe e facendo máis ameno o taller.

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

Foto

O alumnado participante aprendeu como funciona a radio na actualidade, que tipos de xéneros radiofónicos existen, como crear un programa de radio dende cero, así como algúns consellos para mellorar a calidade das súas imaxes. Tras este obradoiro os rapaces e rapazas terán que crear os seus propios espazos radiofónicos e proxectos fotográficos relacionados cos ODM.

Podedes ver todas as imaxes do proxecto no noso Flickr.

Últimas novas