Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Pensamento Global

ACTIVISTAS polo Mundo Que Queremos utiliza diversos mecanismos para potenciar unha cidadanía cun sentido global, persoas que se recoñecen como pertencentes a unha comunidade mundial de iguais, preocupados polos temas colectivos e que reclaman o seu protagonismo no desenvolvemento dos  procesos sociais e políticos, tanto de aquí como de alá.

As primeiras paradas do noso proxecto achegarán aos centros educativos un debate e unha reflexión sobre o que significa ser unha persoa activista, que tipos de activismo existen e que ten conseguido o activismo e a mobilización cidadá ao longo da historia.

Tamén teremos a oportunidade de acheagarnos a outras realidades, para coñecer como viven e loitan persoas doutros paises onde traballa a Cooperación Galega. Coa visita aos centros educativos de activistas doutras partes do mundo, o alumnado coñecerá de primeira man as suas historias e experiencias. Contaranlle ao alumnado como loitan contra a desigualdade dende as súas comunidades,  desmontando moitos dos prexuízos que poidan existir sobre os seus países.

A idea é xerar un proceso educativo encamiñado a promover unha conciencia crítica sobre a realidade mundial.

Estará facilitada polas ONGD´s Solidariedade Internacional de Galicia e Asemblea de Cooperación pola Paz ( ACPP)

 

Visita de activistas internacionais