No noso obradoiro de radio activista os mozos e mozas participantes elaborarán as súas propias mensaxes para incidir na súa realidade, pasando de ser consumidores pasivos dos medios de comunicación a produtores dos seus propios discursos, tomando de este xeito unha actitude mais crítica ante os contidos que nos chegan dende a prensa, a radio, a tv, a publicidade ou as redes sociais.
O obradoiro de radio persegue que o alumnado participante coñeza e use as técnicas comunicativas para investigar, reflexionar e expresarse. O obxectivo das sesións é que tódolos alumnos e alumnas poñan en marcha un pequeno espazo radiofónico para mudar unha realidade que non lles gusta.
Obradoiro radiofónico…
- Para consumir mais criticamente os contidos dos medios de comunicación e coñecer a súa vertente máis social.
- Para reflexionar en torno ás desigualdades e construir cidadanía máis crítica e participativa.
- Para coñecer unha forma de realizar activismo.
- Para afondar no universo radiofónico
- Para facernos donos do noso propio discurso.
- Para fomentar a creatividade.
- Para traballar en equipo.
- E sobre todo, para pásalo ben, que unha das mellores formas de adquirir coñecemento.
Estes obradoiros serán impartidos por AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social